(+34) 986 419 922info@eosa.com

Vigo acolle a presentación do proxecto NAVAL 4.0 de adaptación do modelo de industria 4.0 ao sector da construción naval

Home / Comunicación / Vigo acolle a presentación do proxecto NAVAL 4.0 de adaptación do modelo de industria 4.0 ao sector da construción naval

A Deputación Provincial de Pontevedra será a anfitrioa da xornada de presentación e inicio do proxecto transfronteirizo NAVAL 4.0 de adaptación do modelo de industria 4.0 ao sector da construción naval do litoral do Espazo Atlántico.

O lanzamento deste proxecto, que se presentará o día 21 de novembro no estaleiro Metalships de Vigo, supón unha aposta por mellorar a competitividade das empresas do sector naval, a través da adaptación ao modelo produtivo que representa a industria 4.0.

NAVAL 4.0 aposta por mellorar a competitividade das empresas do sector naval a través da adaptación ao modelo produtivo que representa a industria 4.0, o que garantiría a continuidade do sector nun mercado cada vez máis esixente, no que a innovación tecnolóxica é un factor crave de posicionamento estratéxico. Este proxecto, ademais, aspira a determinar o grao de maduración das tecnoloxías existentes (susceptibles de ser implantadas nas pemes do sector) e a transformar os sistemas de organización do traballo, coñecemento e comercialización cara a unha industria 4.0, así como capacitar ao persoal do sector naval en novos traballos e/ou tarefas para transitar cara a un modelo 4.0.

No proxecto NAVAL 4.0, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) no marco do Programa de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico, participan as seguintes entidades: Deputación Provincial de Pontevedra, Bretagne Pôle Naval, Cork Institute of Technology, Fórum Oceano – Associação dá Economia do Mar, Asociación Clúster do Naval Galego, University of Strathclyde, Foro Marítimo Vasco, Pôle de compétitivité EMC2, Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia e High Speed Sustainable Manufacturing Institute Ltd.

Recent Posts

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.