(+34) 986 419 922info@eosa.com

20 pemes galegas participan na 1ª Edición da aceleradora para a internacionalización ” ViaExterior”

Home / internacionalización / 20 pemes galegas participan na 1ª Edición da aceleradora para a internacionalización ” ViaExterior”

EOSA está a levar a cabo a execución da primeira edición da aceleradora ViaExterior, promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, na que participan 20 pequenas e medianas empresas galegas de diversos sectores.

ViaExterior é un programa de alto rendemento que acompaña ás pemes ao longo de todo o proceso de saída aos mercados exteriores, minimizando os seus riscos, acurtando os tempos, e reducindo os custos do mesmo.

A aceleradora achega non só achega ás empresas coñecementos específicos e prácticos en materia de internacionalización, senón que fomenta a creación dunha cultura organizativa internacional e facilita o acceso a financiamento para que as empresas poidan abordar con garantías a súa saída aos mercados internacionais.

O programa ten unha duración de 8 meses, de setembro a abril, durante os cales as empresas pasan por tres fases. Na primeira fase, de Estratexia, as empresas reciben formación especializada e traballan man a man cun titor individualizado no desenvolvemento do seu plan de internacionalización. Durante a seguinte fase, a de Aceleración, as empresas traballan na mellora das súas competencias e habilidades persoais, a través dun servizo de coaching personalizado, e reciben servizos avanzados que lles permiten implementar máis rapidamente o seu plan de internacionalización, tales como a definición do seu propio sistema de vixilancia competitiva de mercados e o acceso a mentores especializados nos mercados obxecto dos seus plans de internacionalización. Por último, as empresas acceden á fase de Acceso a financiamento, durante a cal se lles prepara para presentar o seu proxecto ante investidores e entidades financeiras de diferentes tipos nun foro que actúa como acto de peche do programa.

Actualmente está a piques de rematar a fase de Aceleración da aceleradora, co foro de financiamento previsto para o mes de abril, e está previsto que a convocatoria para a segunda edición de ViaExterior se abra este verán para que un novo grupo de empresas poidan traballar na aceleración da súa internacionalización para partir do próximo outono.

Máis información en: www.viaexterior.com

Recent Posts

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.