(+34) 986 419 922info@eosa.com

Legal

Home / ÁREAS / Legal

A SÚA TRANQUILIDADE, A NOSA PREOCUPACIÓN

Servizos xurídicos especializados

SEGURIDADE XURÍDICA E ALTERNATIVAS DE ENFOQUE

Nun contexto cambiante, en ocasións hostil, e cun ordenamento xurídico en constante evolución, resulta esencial un asesoramento xurídico especializado que nos permita afrontar os nosos proxectos con tranquilidade e garantirnos que todo irá ben no futuro. Cando construímos algo, os cimentos deben estar ben asentados, por iso un enfoque correcto desde o principio axudará a orientar correctamente calquera proxecto que nos propoñamos, por complexo que este sexa.

EOSA conta cun departamento xurídico moi especializado e cunha grande experiencia. A nosa metodoloxía consiste en deseñar, desde unha posición moi próxima ao cliente e coa súa colaboración, a estratexia xurídica para seguir na implementación dun proxecto, de forma que este vaia ben armado desde o principio.

OS PRINCIPAIS SERVIZOS SON:

Redacción de textos normativos
  • Textos con rango de lei, regulamentos…
  • Deseño de instrumentos de colaboración como convenios e contratos, tanto para o sector público como para o privado
Estruturación de organizacións, mediante a creación, modificación ou supresión de estruturas
  • Carácter público: axencias, organismos autónomos, consorcios, empresas públicas, fundacións do sector público…
  • Carácter privado: clústeres, asociacións, fundacións, empresas…
Asesoramento en materia de persoal e RRHH e reestruturacións empresariais
    • Realización de informes legais sobre a viabilidade de reestruturacións
    • Defensa legal de procesos de reestruturación de persoal
Elaboración de informes técnicos
  • Relacións laborais
  • Propiedade industrial e intelectual
  • Administración electrónica
  • Protección de datos
  • Etc.
Formación en materia xurídica
Empty section. Edit page to add content here.
Defensa xurídica
  • Especializada na xurisdición contencioso-administrativa
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.