(+34) 986 419 922info@eosa.com

Programas Europeos

Home / ÁREAS / Programas Europeos

Acercamos oportunidades

Xestión integral de proxectos europeos

PARA QUEN?

EOSA conta cunha ampla experiencia no deseño e a xestión de proxectos financiados con fondos europeos ao longo dos sucesivos períodos de programación europea. Entre os seus clientes atópanse a Administración xeral do Estado, administracións de diferentes comunidades autónomas, deputacións, concellos, empresas públicas, asociacións e clústeres, entre outros.

CARACTERÍSTICAS

Ofrecemos un servizo personalizado, con gran dispoñibilidade e flexibilidade, prestado por un equipo de consultores con ampla experiencia que coñece ben as necesidades de cada tipo de cliente e a forma máis adecuada de preparar e executar con éxito proxectos e plans de financiamento público.

ENFOQUE

Entre o tipo de servizos que prestamos está a xestión integral do proxecto ou programa, que abarca o ciclo de vida da operación na súa integridade, desde o seu deseño ata o seu peche, incluíndo a publicidade e a diseminación de resultados, ou ben diversos tipos de servizos específicos para necesidades concretas.

Algúns resultados

20
Proyecos elaborados
1
M de € en ayudas obtenidas
1
Países participantes

Cales son os nosos servizos?

CANDIDATURAS

Deseño e presentación de candidaturas a programas europeos

  • Estudo das fontes de financiamento europeo e encaixe nos programas europeos e prioridades temáticas.
  • Determinación da idea de proxecto, valoración da idoneidade desta e adecuación ao programa.
  • Apoio na presentación e promoción da proposta.
  • Colaboración na busca de socios transnacionais e constitución do consorcio.
  • Redacción da memoria e preparación da documentación necesaria para a presentación da candidatura.
  • Seguimento e información de propostas presentadas, estratexia de apoio á candidatura.

ASISTENCIA TÉCNICA

Á xestión de proxectos e programas europeos

  • Asesoramento económico, administrativo e xurídico ás entidades participantes.
  • Apoio na coordinación do partenariado.
  • Xestión económica e seguimento financeiro.
  • Secretaría administrativa: organización de reunións, elaboración de actas, seguimento de acordos.
  • Elaboración de informes de seguimento.
  • Tramitación de solicitudes de pagamento.
  • Preparación de reprogramacións e auditorías.
  • Interlocución coa Comisión Europea, autoridades de xestión e secretariados dos diferentes programas.

AVALIACIÓN EXTERNA

De proxectos europeos, programas públicos e proxectos de cooperación internacional

  • Deseño da metodoloxía de avaliación.
  • Selección das fontes de información.
  • Deseño da matriz de avaliación: criterios, preguntas de avaliación, indicadores e fontes de verificación.
  • Deseño e implementación de ferramentas de recollida de información: enquisas, cuestionarios, entrevistas, grupos de discusión etc.
  • Elaboración de informes (seguimento, ex ante, intermedios, finais e ex post).

DIFUSIÓN

Asesoría en publicidade e comunicación de proxectos e programas europeos

  • Verificación da normativa e as obrigas en materia publicitaria.
  • Asesoramento no correcto uso da imaxe da Unión Europea nos proxectos.
  • Seguimento do uso idóneo da imaxe e logos nos materiais do proxecto.
  • Elaboración do plan de comunicación de proxectos europeos.
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.