(+34) 986 419 922info@eosa.com

EOSA

Home / EOSA

Un equipo próximo ás necesidades da súa organización

+ de 20 anos de experiencia

Estratexia

A nosa visión e a nosa filosofía lévannos a desenvolver todos os proxectos aplicando unha visión estratéxica que contribúa a cumprir os obxectivos marcados.

Innovación

Baseándonos nunha ampla experiencia e na procura de solucións creativas, deseñamos novas metodoloxías e servizos para o desenvolvemento de innovadoras iniciativas que axuden a xerar un cambio.

Equipo

A nosa forma de entender a actividade levounos a dedicar importantes recursos humanos, económicos e técnicos a analizar tanto a problemática como as oportunidades das organizacións nos nosos campos de especialidade.

Como é a consultoría en EOSA?

Unha alternativa conceptual á consultoría tradicional

EOSA é unha empresa constituída no ano 1993 especializada na área de consultoría e formación, orientada tanto ás administracións públicas como ás entidades privadas.

Durante estes anos, os máis de 30 profesionais que integran EOSA -cunha ampla experiencia en firmas de primeira orde- deron resposta, en forma de solucións eficientes e concretas, ás necesidades dos seus clientes, entendendo que “o futuro destes é o noso propio futuro”.

A nosa forma de entender a actividade levounos a dedicar importantes recursos humanos, económicos e técnicos a analizar tanto a problemática como as oportunidades das organizacións nos nosos campos de especialidade.

A principal característica da metodoloxía de traballo estriba na participación activa da organización no proxecto. Neste sentido, a metodoloxía afástase da consultoría tradicional, na que a organización asume un papel pasivo, deixando toda a responsabilidade no desenvolvemento dos proxectos en mans de organizacións externas.

Durante os últimos anos EOSA constatou unha liña crecente na súa actividade, avalada polo aumento nas cifras de emprego e o nivel de investimento, de autofinanciamento e facturación anual, boa mostra do excelente grao de acollida dos servizos ofrecidos desde EOSA.

Filosofía

  • Dedicar importantes recursos humanos, económicos e técnicos
  • Motivación e implicación de todo o equipo
  • Busca da excelencia e a mellora continua
0,5
Facturación
10
Equipo
2
Áreas
1
Sedes
1
Países

Áreas de negocio

10 áreas, 10 dimensións da consultoría

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.