(+34) 986 419 922info@eosa.com

AMÉRICA LATINA

Home / AMÉRICA LATINA

AMÉRICA LATINA

Unha aposta internacional

Dinamización

EOSA chega ao mercado de Colombia no ano 2012 co obxecto de apoiar, a través dos seus servizos, a dinamización das apostas produtivas de país en colaboración con socios estratéxicos que inciden no seu desenvolvemento territorial.

Vantaxe competitiva

A nosa principal vantaxe competitiva son 20 anos de experiencia na Unión Europea creando valor para as administracións, institucións, academia, empresas e clústers.

Cales son os servizos en América latina?

Desenvolvendo e aplicando unha metodoloxía eficiente propia

CONSULTORÍA

A nosa ampla experiencia en consultoría a entidades tanto públicas como privadas en contornos complexos e dinámicos da Unión Europea permítenos contar con metodoloxías propias de comprobada eficiencia que son adaptadas polos nosos consultores ás particularidades da súa entidade e do contorno da súa área de influencia.

CAPACITACIÓN

Contamos con programas que equilibran a teoría e a práctica de acordo cos obxectivos esperados, os temas seleccionados, o tipo de participantes quen vai dirixido o programa, adaptados de acordo co tipo de sector ao que pertenza a organización contratante.

Compartimos unha filosofía común

Trasladamos a nosa filosofía ao mercado de Colombia

  • Dedicar importantes recursos humanos, económicos e técnicos
  • Motivación e implicación de todo o equipo
  • Busca da excelencia e a mellora continua

Áreas de negocio

Seis dimensións de consultoría internacional

  • Políticas públicas

  • Formulación, estruturación e fundrising de proxectos

  • Estudos e observatorios

  • Emprendemento, innovación e competitividade

  • Internacionalización

  • Cultura e turismo

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.