BFFood lanza a terceira edición do seu programa de aceleración e consolidación para impulsar ideas innovadoras no sector alimentario

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polao Clúster Alimentario de de Galicia (Clusaga), pon en marcha a súa terceira edición. O fin é identificar e promover ata un total de 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria.

As startups, entidades e empresas que teñan unha idea innovadora poden presentar as súas candidaturas, tanto ao programa de aceleración como de consolidación, a través da web bffood.gal ata o vindeiro 11 de xaneiro de 2021 ás 14 horas.

Ao longo das súas dúas edicións, impulsouse a un total de 20 proxectos das 121 candidaturas recibidas, tanto de España como do resto do continente. Nesta nova convocatoria participarán ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración.

Eosa foi a encargada de desenvolver a campaña de comunicación nesta 3ª edición. Sobre todo, buscáronse proxectos innovadores que poidan resposta aos principais retos expostos polas empresas do sector da alimentación:

  • Dixitalización e automatización
  • Trazabilidade
  • Calidade e seguridade alimentaria
  • Loxística
  • Sustentabilidade e packaging
  • Desenvolvemento de novos produtos
  • Innovación de procesos
  • Comercialización

Ademais, con motivo da situación xerada pola COVID-19, BFFood incorporou un reto especial. En concreto, busca proxectos dirixidos a fortalecer a resiliencia da industria alimentaria fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias.