
Kit Digital: convocatoria aberta
Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España cuxo obxectivo é subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para avanzar no nivel de madurez dixital.
As solucións dixitais que proporciona o Kit Dixital están orientadas ás necesidades das pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos, que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio.
Grazas a estas axudas a túa empresa poderá ser máis competitiva e avanzar na súa transformación dixital.
Interésache? En EOSA somos axentes dixitalizadores. Axudámosche a xestionar a túa solicitude e imos da man contigo para conseguir os mellores resultados.

Que ofrecemos co Kit Dixital?
O kit dixital é un bono dixital cunha contía económica para que a administres escollendo unha ou varias solucións dixitais das ofrecidas polos axentes dixitalizadores. Desde EOSA somos axentes dixitalizadores dos seguintes servizos:
Sitio web e presenza na internet
Obxectivo
Expansión da presenza na internet da peme mediante a creación dunha páxina web e/ou prestación de servizos que proporcionen posicionamento básico na internet.
Destinatarios
Pemes e autónomos de calquera sector do territorio nacional
Servizos
- Dominio: alta de novo dominio para a peme beneficiaria durante un prazo mínimo de doce meses. A titularidade do dominio será na súa totalidade da peme.
- Hosting: Aloxamento da páxina web desenvolvida durante un prazo mínimo de doce meses.
- Deseño da página web: estrutura web cun mínimo de 3 páxinas ou apartados. Considéranse páxinas ou apartados dunha web, elementos tales como: páxina de inicio produtos, datos de contacto, mapa do sitio (sitemap), etc.
- Web responsive: as páxinas web deseñadas deben adaptarse para ser funcionais en todo tipo de dispositivos.
- Accesibilidade: o deseño debe cumprir criterios de conformidade de nivel AA das Pautas WCAG-2.1.
- Autoxestionable: deberase prover unha plataforma de xestión de contidos para o beneficiario, de maneira que sexa autónomo á hora de modificar o contido das súas páxinas web, sen a necesidade de recorrer ao soporte da empresa provedora.
- Posicionamiento básico na internet: Posicionamento da información básica do negocio, contacto e perfil da empresa nos principais sites, redes de negocio ou directorios de empresas profesionais
- Optimización da presenza en buscadores (SEO básico): Posicionamento da información básica do negocio, contacto e perfil da empresa nos principais sites, redes de negocio ou directorios de empresas profesionais
Coste
- Segmento I
- 10 < 50 empregados
- 2.000 € (IVA non incluído)
- Segmento II
- 3 < 9 empregados
- 2.000 € (IVA non incluído)
- Segmento III
- 0 < 3 empregados
- 2.000 € (IVA non incluído)
Comercio electrónico
Obxectivo
Creación dunha tenda en liña de compravenda de produtos e/ou servizos que utilice medios dixitais para o seu intercambio.
Destinatarios
Pemes e autónomos de calquera sector do territorio nacional
Servizos
- Creación da tenda en liña ou E-commerce e alta do catálogo de produtos: produción dun catálogo mediante o alta, importación ou carga dos produtos ou artigos da peme. O número de referencias a cargar polo axente dixitalizador será de polo menos 100 produtos, salvo que a peme non dispoña deste número, nese caso poderá ser menor. – Métodos de pago: configuración e integración dos métodos de pago.
- Deseño responsive: a solución de E-commerce deseñada debe adaptarse para ser funcional en todo tipo de dispositivos.
- Accesibilidade: o deseño debe cumprir criterios de conformidade de nivel AA das Pautas WCAG-2.1.
- Posicionamiento básico na internet: Posicionamento da información básica do negocio, contacto e perfil da empresa nos principais sites, redes de negocio ou directorios de empresas profesionais
- Optimización da presenza en buscadores (SEO básico): Posicionamento da información básica do negocio, contacto e perfil da empresa nos principais sites, redes de negocio ou directorios de empresas profesionais
- Autoxestionable: deberase prover unha plataforma de xestión de contidos para o beneficiario, de maneira que sexa autónomo á hora de modificar o contido das súas páxinas web, sen a necesidade de recorrer ao soporte da empresa provedora.
- Formas de envío: configuración e integración de métodos de envío dixital e físico dos produtos comercializados polo beneficiario na tenda en liña.
Coste
- Segmento I
- 10 < 50 empregados
- 2.000 € (IVA non incluído)
- Segmento II
- 3 < 9 empregados
- 2.000 € (IVA non incluído)
- Segmento III
- 0 < 3 empregados
- 2.000 € (IVA non incluído)
Xestión de redes sociais
Obxectivo
Promocionar ás empresas beneficiarias en redes sociais
Destinatarios
Pemes e autónomos de calquera sector do territorio nacional
Servizos
- Social Media Plan: definición e implementación dunha estratexia de redes sociais aliñada coa misión e visión da peme, que sexa relevante e conecte cos potenciais clientes, e fidelice a aqueles usuarios que xa o sexan.
- Monitorización de redes sociais: Monitorización e control periódico a través de métricas de referencia do impacto das accións, para cuantificar os resultados e comprobar se se están cumprindo os obxectivos marcados da estratexia.
- Optimización da rede/Auditoría Social Media: análise das diferentes canles sociais para poder optimizar o rendemento.
- Xestión dunha rede social: administración do perfil/usuario da peme en, polo menos, unha rede social.
- Publicación de posts semanais: publicación por parte do axente dixitalizador dun mínimo de 4-8 entradas (posts) mensuais.
Coste
- Segmento I
- 10 < 50 empregados
- 2.500 € (IVA non incluído)
- Segmento II
- 3 < 9 empregados
- 2.500 € (IVA non incluído)
- Segmento III
- 0 < 3 empregados
- 2.000 € (IVA non incluído)
Business Intelligente e analítica
Obxectivo
Explotación de datos da empresa para a mellora do proceso de toma de decisións.
Destinatarios
Pemes e autónomos de calquera sector do territorio nacional
Esta solución inclúe un número de horas de parametrización para a definición das particularidades dos procesos de comercialización, así como para a carga de datos. Estas horas determínanse, para cada un dos segmentos de empresas definidos no Artigo 8.2, da seguinte forma:
- Segmento I
- 10 < 50 empregados
- 70 horas de parametrización
- Segmento II
- 3 < 9 empregados
- 40 horas de parametrización
- Segmento III
- 0 < 3 empregados
- 30 horas de parametrización
Este proceso é esencial para a posterior implantación e despregamento da solución de dixitalización que proporcionará, como mínimo, as funcionalidades e servizos que se detallan a continuación:
Servizos
- Integración de datos con outras bases de datos: a solución permitirá o acceso a outras bases de datos e a realización de comparacións cos datos expostos.
- Almacenamento de datos: a solución deberá prover unha capacidade de almacenamento como mínimo de 1GB por usuario.
- Creación de paneis de datos estruturados e visuais: a solución permitirá crear paneis de datos personalizados con datos relevantes e distintas formas de visualización.
- Exportación de datos: a solución permitirá a exportación de datos a imaxes ou a documentos de Excel, creando sinerxias e compatibilidades con distintos programas de uso común para os usuarios.
Coste
- Segmento I
- 10 < 50 empregados
- 4.000 € (IVA non incluído)
- Segmento II
- 3 < 9 empregados
- 2.500 € (IVA non incluído)
- Segmento III
- 0 < 3 empregados
- 1.500 € (IVA non incluído)
Cales son os requisitos do Kit Digital?
- Ser unha pequena empresa, microempresa ou autónomo.
- Cumprir os límites financeiros e efectivos que definen as categorías de empresas.
- Estar en situación de alta e ter a antigüidade mínima que se establece por convocatoria.
- Non ter consideración de empresa en crise.
- Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
- Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.
- Non superar o límite de axudas minimis (de pequena contía).
