Preto de 40 pemes galegas beneficiáronse do servizo de márketing dixital de Re-acciona TIC

EOSA en colaboración con Esterea, levou a cabo a execución do servizo de posta en marcha de estratexias de marketing dixital, promovido polo Igape e Amtega no marco do proxecto Re-acciona TIC. Este servizo consistiu na elaboración dunha estratexia de márketing en liña para a mellora do ámbito comercial da empresa, mellora do achegamento ao consumidor e potenciación da imaxe de marca.

Este servizo levou a cabo ao longo do 2016 e 2017 e atendeuse a un total de 39 pemes galegas con necesidades no ámbito do marketing dixital.

O programa Re-acciona TIC conta cun esquema de servizos deseñado para empoderar ás pemes fronte aos novos desafíos do mercado, brindándolles valor agregado que lles permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos nas súas estruturas, servizos baseados na participación do equipo, fácil de usar comprenda e estea orientado á aprendizaxe.

Estes servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas contan co cofinanciamento da Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.