Movilidad Urbana Sostible na Illa de Arousa

Home / Proyectos Europeos / Movilidad Urbana Sostible na Illa de Arousa

A campaña de concienciación en mobilidade sostible está enmarcada dentro doproxecto Move A Illa: Movilidad Urbana Sostible na Illa de Arousa, un proxecto aprobado polo Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético ( IDAE)  e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020.

EOSA está a deseñar e poñendo en marcha unha campaña de información permanente sobre a necesidade dunha mobilidade máis sostible na Illa de Arousa. Sobre este obxectivo principal parten outros orientados a:

  • Explicar e difundir o Plan de Acción e o proxecto Move a Illa no seu conxunto.
  • Anunciar e explicar a posta en práctica de cada unha das medidas.
  • Manter unha campaña de información permanente sobre a necesidade dunha mobilidade máis sostible

Poñerase en marcha un programa de actuacións personalizadas en función dos destinatarios así como o fomento da participación cidadá en actividades de mobilidade.

Recent Posts
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.