Ábrese o prazo de inscrición en High Tech Auto

Home / Emprendimiento / Ábrese o prazo de inscrición en High Tech Auto

O Consorcio da Zona Franca de Vigo ( CZFV) e o IGAPE lanzan a primeira convocatoria da Incubadora de alta tecnoloxía High Tech Auto de Galicia. Ambos, continúan dando pasos para promover a competitividade de Galicia no sector da automoción. O proxecto High Tech Auto – Incubadora, enmárcase dentro do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020, e conta cun cofinanciamento dun 80% mediante a Fundación INCYDE a través dos Fondos FEDER da Unión Europea.

Esta incubadora de proxectos tecnolóxicos innovadores busca contribuír ao desenvolvemento do tecido produtivo dun sector estratéxico da Comunidade Autónoma de Galicia e priorizado dentro da estratexia de especialización intelixente RIS3, como é o sector da automoción e o seu auxiliar.

Para iso, EOSA é a encargada de executar o servizo dando soporte a esta convocatoria así como á captación de proxectos empresariais, prestando asistencia na selección destes proxectos con destino á incubadora empresarial de alta tecnoloxía especializada no sector da automoción “ High Tech Auto Galicia”.

Recent Posts
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.