Almorzo Emprendemento Cultural e Creativo

O pasado 17 de decembro tivo lugar na Casa das Campás en Pontevedra o almorzo de traballo Emprendemento Cultural e Creativo. Coa participación de tres profesionais de diferentes ámbitos, achegouse aos asistentes a visión, perspectivas e oportunidades para lanzar, financiar e promocionar proxectos culturais e creativos.

No almorzo participaron as entidades Canle 180, Lanzanos.com e Restauracción.