Comunicación e márketing dixital
Na comunicación, debemos crear valor e dalo a coñecer.
Competir significa comunicar e posicionarse ben, facendo chegar a mensaxe ao público que eliximos e construíndo unha imaxe positiva.
E esa é a clave da eficacia, xestionar unha comunicación estratéxica e integral que axude a construír a imaxe da entidade que queremos ser. Desenvolvemos unha metodoloxía propia baixo un modelo ideal de comunicación.
No modelo de triple capa a estratexia e a marca son o núcleo a partir da cal se desenvolve a comunicación dentro da organización, que se organiza ao redor de 3 grandes dimensións: interna, externa e relacións públicas.
Este modelo está deseñado tendo en conta cada un dos aspectos que se deben manexar dentro das entidades para aplicar un enfoque integral.
Demos a coñecer o valor que creamos.
30 anos de experiencia

En EOSA ofrecemos solucións de comunicación e formación ás administracións públicas e entidades privadas desde 1993.
O noso equipo de márketing dixital e comunicación visual, cunha ampla experiencia no sector, personaliza a súa visión 360 ás necesidades de cada cliente.
Unha área especializada que aborda cada proxecto con dedicación, eficacia e resultados.
A satisfacción de quen xa confiou en nós é o noso motor para seguir crecendo.
Estratexia
A visión estratéxica é clave na nosa metodoloxía de traballo: cumprimos os teus obxectivos.
Innovación
Buscamos solucións creativas e deseñamos servizos adaptados ás túas necesidades.
Equipo
Apostamos polo talento e a experiencia para ofrecer os mellores profesionais do sector.
Especializados en tres ámbitos da comunicación
Comunicación institucional
Somos especialistas na comunicación institucional para as administracións públicas. Coñecemos o valor deste tipo de organizacións e como xestionar a súa reputación.
Comunicación empresarial
Potenciamos a forma na que as empresas se achegan aos seus clientes potenciais a través de estratexias que aproveitan as oportunidades dos mercados obxectivo.
Sector público
A nosa experiencia no ámbito do sector público como axente colaborador ou entidade de servizos posiciónanos como referente no márketing dixital e a comunicación.
Consultoría, execución de creatividade e estratexia de comunicación
COMUNICACIÓN
RRPP e gabinete | Notas de prensa e medios | Redes sociais | Xeración de contidos | Xestión de eventos
MARKETING DIXITAL
Inbound márketing | Posicionamento en buscadores | Email márketing | Publicidade en liña | Influencer márketing | Analítica e reporting | e-Commerce e marketplaces | CRM de márketing
CREATIVIDADE
Identidade de marca | Deseño web | Materiais corporativos
FORMACIÓN
Webinars | Formación en liña e presencial | Campus en liña
Comunicación
En EOSA contamos con gabinete de comunicación e medios para a xestión de imaxe e reputación de empresas e institucións.
Estamos comprometidos a garantir unha comunicación clara, efectiva e coherente para que os nosos clientes poidan lograr os seus obxectivos e fortalezar a súa posición no mercado.
Os nosos servizos de comunicación inclúen a xestión integral da comunicación e as súas ramificacións, bien sexa en medios, no eido dixitale na xestión de eventos.

Relacións públicas e gabinete
En EOSA xestionamos a imaxe e reputación de empresas e institucións.
Desde a creación da estratexia de comunicación ata a xestión da imaxe dunha empresa ou institución, pasando pola comunicación cos medios de comunicación, en EOSA desenvolvemos todos os aspectos das RR. PP.
Na área de Comunicación damos apoio ao resto de áreas de EOSA, complementando proxectos de diferentes sectores.

Xestión de eventos
Enfocámonos en proporcionar un servizo completo e personalizado para garantir o éxito dos nosos eventos.
A área de comunicación está especializada na planificación, deseño, loxística e coordinación de eventos corporativos e empresariais para institucións ou organizacións, presenciais e en streaming.
Grazas ao noso carácter multidisciplinar, os eventos ven potenciados polo márketing asociado que desenvolvemos: folletos, carteis, webs, emails, invitacións, xestión de redes sociais ou xestión de asistentes e invitacións.

Notas de prensa e medios
En EOSA redactamos notas de prensa de forma clara e concisa, seguindo a estrutura propia de textos xornalísticos, valorando os criterios de noticiabilidade e xerarquizando as ideas.
Grazas á nosa experiencia e contacto directo con medios, contamos con bases de datos de opcións xeneralistas, autonómicas e locais, así como axencias de noticias de ámbito nacional e internacional.
Ademais, contamos cunha ferramenta de seguimento de clipping de medios en aparicións en liña e offline.

Comunicación en redes sociais
As redes sociais han cambiado a forma de comunicar das empresas e institucións. Por iso, o medio dixital implica adaptarse aos tipos de público en cada unha das redes sociais dispoñibles.
En EOSA realizamos e executamos a estratexia de comunicación en redes sociais dos nosos clientes, coidando o labor de community management e optimizando os contidos Facebook, Instagram, LinkedIn ou Pinterest.
Márketing dixital
En EOSA somos especialistas en márketing dixital e actualizámonos constantemente para ofrecer solucións de vangarda aos nosos clientes para garantir que a súa presenza en liña sexa efectiva e competitiva.
Enfocámonos en estratexias innovadoras que se axustan ás necesidades de cada organización, xa sexa a través da optimización de motores de procura (SEO), o márketing en redes sociais, o email márketing, a publicidade en liña, a xestión de e-Commerce e marketplaces, accións de influencer márketing ou a creación de contido inbound relevante e de calidade.
Ademais, realizamos un seguimento constante das métricas e as análises de datos para asegurarnos de que as nosas estratexias estean a dar resultados efectivos cos obxectivos de cada cliente.
En EOSA estamos comprometidos con ofrecer solucións de márketing dixital de calidade seguindo as últimas tendencias en dixital.

Inbound márketing
Definimos a estratexia e a planificación de accións de inbound márketing adaptándoas ás necesidades específicas de cada cliente.
Poñemos en marcha o inbound márketing para atraer e converter clientes potenciais en reais, creando contido de calidade e relevante, como artigos de blogue, infografías, reels ou vídeos.
Creamos e optimizamos redes sociais, desenvolvendo de forma creativa a comunicación a través deste medio e outros como o email márketing.

Posicionamento en buscadores (SEO)
Desde a área de márketing dixital ofrecemos servizos de SEO para mellorar o posicionamento das páxinas web dos nosos clientes nos motores de procura, o que lles permite aumentar a súa visibilidade en liña e xerar un maior tráfico fai os seus sites.
As accións de SEO onpage que realizamos son o estudo de palabras chave, optimizacións de tempo de carga e desenvolvemento de contidos. Complementamos estas accións con SEO offpage realizando estratexias de link building, SEO local ou influencer márketing.

Email márketing
A importancia dunha base de datos depurada fai que as campañas de email márketing obteñan mellores resultados. Por iso, creamos listas de correo segmentadas, creamos boletíns personalizados e poñemos en marcha automatizacións de correo, con deseños atractivos e responsive que inclúan chamadas á acción.
En EOSA proporcionamos ferramentas que sexan efectivas para a comunicación dos nosos clientes, polo que utilizamos Mailchimp, MailRelay, Sendinblue, MailJet, Klaviyo ou ActiveCampagin, entre outras.

Anuncios en liña
En EOSA axudamos a incrementar a visibilidade en liña das organizacións grazas á publicidade dixital.
Con SEM creamos e optimizamos campañas de publicidade en Google para que os nosos clientes poidan aparecer nos primeiros resultados de procura e xerar máis tráfico e conversións. Con Social e Spotify Ads, xestionamos campañas en Facebook, Instagram, LinkedIn e Spotify para chegar a unha audiencia específica. Con publicidade programática, nativa e display creamos anuncios que se integran no contido doutras webs utilizando algoritmos avanzados.

Analítica e reporting
Se non medimos, como sabemos se algo funciona? Tanto para accións de redes sociais como para SEO ou publicidade, é fundamental utilizar métricas e análises de datos para medir o impacto das accións na consecución de obxectivos.
Desde EOSA realizamos informes claros e visuais en PowerBI e en Looker Studio, informes que son adaptados a cada cliente recollendo as métricas específicas de cada proxecto e a análise do equipo de comunicación.

E-Commerce e Marketplaces
En EOSA redactamos fichas de produto e xestionamos e-Commerce optimizados para buscadores, ben sexa para Google ou para Marketplaces como, por exemplo, Amazon.
Realizamos consultoría sobre entrada en Marketplaces como Zalando, eBay ou Alibaba.
Desde EOSA tamén xestionamos a publicidade e campañas específicas de promoción de tendas en liña e dentro de marketplaces.

CRM de márketing
En EOSA xestionamos CRM de márketing con Hubspot, adaptando listas, automatizacións e newsletters para a captación e fidelización de clientes a través de estratexias de Inbound.
Ademais, xestionamos os contactos creando unha estratexia de lead nurturing e lead scoring para establecer prioridades de contacto para cada un dos novos leads.

Influencer márketing
En EOSA promovemos proxectos a través da xestión influencers para dar maior visibilidade aos nosos clientes. Traballamos en estreita colaboración con eles para crear campañas auténticas e creativas que se lembren.
Isto inclúe a negociación de contratos e creación de contido exclusivo, ademais da xestión de publicacións en redes sociais. Ademais, realizamos un seguimento exhaustivo das métricas e o rendemento de cada campaña, para avaliar o seu impacto e garantir un retorno de investimento positivo.
Creatividade
Branding, logotipos, materiais… Desenvolvemos todas as accións de creación da imaxe corporativa.
Isto reflíctese non só en materiais corporativos como persoais, carteis, folletos ou flyers, senón tamén en ferramentas en liña ou deseño web.
Realizamos unha análise dos proxectos, concibimos deseños UX/UI, mobile first, desenvolvemos a web e optimizámola para obter os mellores resultados.

Identidade de marca
En EOSA construímos a imaxe de marca e desenvolvemos todas as accións visuais, de comunicación e posicionamento.
Desde o naming á identidade visual, desde a identidade comunicacional ata o desenvolvemento de materiais corporativos, en EOSA creamos manuais de identidade corporativa.
O público obxectivo verá a mellor cada de cada organización.

Deseño web
O proceso de deseño web en EOSA baséase nunha combinación de creatividade, experiencia técnica e unha comprensión profunda das necesidades dos nosos clientes.
Ademais, mantémonos ao tanto das últimas tendencias en deseño web e as mellores prácticas en usabilidade para garantir que as webs que deseñamos destaquen tanto esteticamente como en termos de rendemento e funcionalidade.

Materiais corporativos
Deseñamos materiais corporativos que non só reflicten a identidade da marca, senón que tamén son creados para cumprir con obxectivos específicos. Carteis, folletos, banners, vídeos… capturamos a esencia de cada evento e transmitimos a información de maneira efectiva.
Ademais, estamos preparados para deseñar materiais que acompañen estratexias de márketing, como presentacións, infografías, dípticos e máis.
O noso enfoque na personalización e atención ao detalle permítenos crear materiais corporativos que son visualmente atractivos, funcionais e intégranse perfectamente cos teus obxectivos de comunicación e branding.
O noso equipo de comunicación e marketing dixital
Somos desas persoas que cren na comunicación como medio para entendernos e chegar ao noso público obxectivo. Xeramos coñecemento nos nosos clientes formándolles. Comprometémonos con propostas de valor para, en realidade, ser partners dos nosos clientes, creando vínculos e crecendo xuntos.