Ao longo de seis meses, o Concello de O Porriño, xunto con técnicos e responsables políticos, levaron a cabo a investigación e redacción do proyecto Axenda Urbana e Rural. Un documento que busca dar resposta aos problemas identificados na localidade, a nivel medioambiental, económico e social. Como explica un dos seus creadores, Adolfo Neira, o principal obxectivo do informe é “mellorar a vida de O Porriño”.
Baixo as premisas de inclusividade, integración, resiliencia e sustentabilidade, o proxecto de Axenda Urbana e Rural presentado hai uns días articúlase en cinco eixes de acción que cobren as necesidades identificadas no proceso de diagnose.
Na presentación, Adolfo Neira destacou o traballo que se leva realizando desde o Concello, “ten un montón de proxectos xa feitos, algo moi importante e moi difícil de atopar, moitas destas liñas que deseñamos xa dispoñen de actuacións moi concretas”, detallou.
Fonte: Ver noticia completa en Faro de Vigo | Ver web da Axenda Rural e Urbana de O Porriño







