O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou este mércores a primeira sesión formativa en comercio internacional do programa Competemar 2024, unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo acelerar a internacionalización das empresas galegas do sector mar-industria para potenciar a súa competitividade e asegurar o seu crecemento sostible.
O acto institucional de presentación do programa Competemar contou coa participación de Antonio Basanta, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica; Roberto Alonso, director de Clusaga; Ana Santorum, responsable do programa Competemar en Clusaga; Antonio da Cruz, socio director de EOSA; Ana Díaz-Becerra, socia fundadora e directora de Noroex; e representantes das 22 empresas rexistradas en Competemar.
Máis información: Economíaengalicia.com | La Voz de Galicia
Crédito: Foto do Clúster Alimentario de Galicia