A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o acto de constitución do Clúster da Función Loxística de Galicia, froito da colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do IGAPE y o sector privado.
A Xunta de Galicia xunto con Kaleido, Gadisa, Trotansa, Ence, Finsa, Hijos de Rivera, Delta Vigo e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía impulsan este Clúster que ten como reto apostar pola optimización na organización da provisión e o transporte de mercadorías para permitir desenvolver o potencial dun sector que representa o 3,9% do PIB galego.
EOSA desenvolveu o proceso para a súa constitución mediante a organización de mesas de traballo, estas permitiron elaborar os estatutos e crear a estratexia loxística do Clúster.