A campaña de concienciación en mobilidade sostible está enmarcada dentro do proxecto Move A Illa: Movilidad Urbana Sostible na Illa de Arousa, un proxecto aprobado polo Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. EOSA está a deseñar e poñendo en marcha unha campaña de información permanente sobre a necesidade dunha mobilidade máis sostible na Illa de Arousa. Sobre este obxectivo principal parten outros orientados a:
- Explicar e difundir o Plan de Acción e o proxecto Move a Illa no seu conxunto.
- Anunciar e explicar a posta en práctica de cada unha das medidas.
- Manter unha campaña de información permanente sobre a necesidade dunha mobilidade máis sostible.
Poñerase en marcha un programa de actuacións personalizadas en función dos destinatarios así como o fomento da participación cidadá en actividades de mobilidade.