Igape lanza a convocatoria de servizos Re-acciona COVID-19, un novo programa que ten como obxectivo axudar ao tecido empresarial a reforzar a súa situación de partida, abordar novos mercados e impulsar a súa aposta por unha economía circular, con servizos como reestruturación financeira, análise de mercados internacionais, ou elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización.

Dentro do programa, EOSA é unha das empresas colaboradoras no servizo de internacionalización. A nosa filosofía do servizo baséase na adaptación ás necesidades de cada empresa, coa que traballamos na definición dunha estratexia de internacionalización que permita acceder a novos mercados, a medio prazo, mediante medidas e accións concretas co apoio dos nosos expertos.

O desenvolvemento do servizo proporcionado por EOSA consta de catro fases:

  1. Fase 0: Análise de situación de partida ou auditoría
  2. Fase 1: Deseño do Plan de Formación e Sensibilización
  3. Fase 2: Elaboración do Informe de situación e do Plan de internacionalización
  4. Fase 3: Execución do plan, acompañamento e seguimento

Poderán acceder a este servizo todas as pemes con:

  • polo menos, un centro de traballo en Galicia
  • 3 persoas traballadoras
  • descenso de facturación dun 10% no exercicio económico do 2020 respecto ao 2019

O servizo é cofinanciado polo Igape, por un prezo fixo de 600€ proporcionando ás empresas servizos de 10.000€. O programa está financiado no marco do eixo REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de covid-19.

Máis información sobre o servizo na web do programa aquí, e se tes dúbidas, contacta con Laura Sanjuán no 986 419 922 ou no correo internacionalizacion@eosa.com.