O CTG e DIRCOM organizan unha xornada para definir o seu “marketing de destino”

A A Asociación de Directivos de Comunicación en Galicia, Dircom Galicia, foi a responsable da definición dunha sesión de traballo que congregou a expertos en comunicación, márketing, publicidade e xornalistas das principais empresas en Galicia e medios na xornada: Que é para ti Galicia?, , organizada en conxunto co Clúster Turismo de Galicia.

O Real Club Náutico de Sanxenxo foi o lugar escollido para esta xornada de traballo que se enmarca no proceso participativo que o Clúster Turismo de Galicia está coliderando con Turismo de Galicia, para a elaboración da Estratexia de Turismo de Galicia 2017-2020.

Coñecer a visión de expertos na definición dos valores que diferencian Galicia e posiciónana como destino turístico e expor como traballar para crear marca Galicia, foron dúas dos principais obxectivos perseguidos nesta xornada que permitirá contribuír á folla de ruta que trazará as liñas de traballo a seguir no sector turístico galego nos catro próximos anos.

As conclusións obtidas incorporaranse ao documento final que se entregará a final de 2017 á Xunta de Galicia. A sesión foi organizada a través de dúas mesas redondas globais, “Definindo o briefing: Que é Galicia? Valores e posicionamento” e “Crear marca país. Estratexia para a competitividade do sector turístico”, e catro workshops temáticos para traballar na definición de márcaa país, a estratexia de destino e a campaña creativa.