O Clúster de Turismo de Galicia, cuxa asistencia técnica é levada a cabo polo persoal de EOSA, celebrará o seu III Encontro o vindeiro 27 de abril en Ourense e contará coa participación de expertos de máximo nivel e destacados profesionais de empresas internacionais como Amadeus, Airbnb, Unipublic, IBM, Pangea, Globaldit ou Nextel, así como de entidades como o Basque Culinary Center ou a NBA..
Ademais, a xornada incluirá mesas redondas que virarán ao redor da enogastronomía, o termalismo ou os eventos culturais e deportivos como eventos que xeran novas oportunidades para o sector turístico galego, sen esquecer o peso das novas tecnoloxías ou a irrupción do turismo colaborativo como tendencias de futuro e retos aos que o sector debe enfrontarse para ser competitivo.
A participación na xornada impulsada polo Agrupación industrial Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense é gratuíta previa inscrición ata completar aforo e o prazo para inscribirse está aberto. Tanto a información como as incripciones poden facerse a través desta ligazón ou no correo electrónico info@clusterturismogalicia.com.