TEST: como mellorar a eficacia comercial

Onte participamos na presentación das 4 iniciativas para a promoción do comercio, emprego e emprendemento que está a desenvolver Coruña dentro do proxecto Urbana C. Con máis de 50 asistentes achegamos a iniciativa TEST, unha actividade que pretende mellorar a eficacia comercial a través do testeo de novas propostas comerciais baixo a fórmula pop-up (accións efémeras).

Cada semana (de xoves a sábado) o local B58, na rúa Barcelona 58, acolle novas propostas comerciais que se achegan ao público e que permiten realizar un labor de asesoramento ao emprendedor ou comerciante. Esta proposta complétase con talleres e eventos cuxo obxectivo é dinamizar e atraer visitantes ao local. Nun mes, desde a súa posta en marcha, xa participaron 6 comercios de Coruña.

Este vídeo resume a esencia de TEST:

Se queres coñecer máis sobre o proxecto ou participar no: www.testpopup.com.es