A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde celebra o seu primeiro pleno co foco posto na conexión coa meseta

La Secretaria Xeral de Industria, Paula Uría, participa en la primera reunión de la Alianza Industrial Gallega do Hidroxeno Verde

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá no primeiro pleno da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde no que se puxo en valor o Pacto pola Enerxía con Enagás, que posibilitará cumprir cun dos principais obxectivos fixados pola Alianza: o desenvolvemento do corredor atlántico do hidróxeno. Grazas a este acordo, Enagás comprométese a realizar investimentos na Comunidade e realizar o hidroduto entre Guitiriz e Zamora, facilitando a conexión coa Meseta.

No pleno avaliouse a incorporación de novos integrantes á Alianza, como é o caso de Ence, que se sumou recentemente, permitindo contar xa con 10 empresas tractoras, 10 clústeres e asociacións empresariais -que representan a máis de 700 compañías-, as tres universades galegas, así como axentes e administracións públicas.

Ante a amplitude de integrantes e, coa previsión de seguir incorporando máis -como o caso de Enagás-, a Alianza acordou aprobar un modelo de cogobernanza no que se inclúen varios comités executivos que se encargarán de traballar e avanzar nos seus diferentes obxectivos e retos en eidos como os dos proxectos e infraestruturas, a formación e a innovación, a normativa ou as capacidades industriais.

Desde EOSA participamos neste proxecto como Oficina Técnica da Consellería da Consellería de Economía, Industria e Innovación, apoiando a posta en marcha da Gobernanza da Alianza así como na organización dos seus órganos e soporte da Secretaría Xeral de Industria en relación co proxecto.

Máis información | Xunta