O vindeiro 17 de abril abrirase unha nova convocatoria de proyectos ao Programa Interreg VI-A POCTEP

A nova convocatoria do Programa Interreg VIN-A POCTEP (a cuarta) abrirase o día 17 de abril e finalizará o 31 de maio, financiando proxectos encadrados no Obxectivo Político catro, unha Europa máis social e inclusiva, e na Prioridade 5 do Programa Operativo: Desafío demográfico acceso a servizos, podendo presentar proxectos aliñados cos catro Obxectivos Específicos da convocatoria:

Obxectivos POCTEP 4ª convocatoria

O Programa POCTEP 2021-2027

Aprobado pola Comisión o 22 de agosto de 2022, o Programa POCTEP é o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea (UE), que recibirá unha contribución FEDER de máis de 320 millóns de euros. Está conformado por un total de 36 NUTS3 pertencentes a ambos os países e distribúese en 6 áreas de cooperación e estase estreitamente vinculado á fronteira entre España e Portugal.

Ata hoxe, abríronse tres convocatorias de proxectos ás que presentamos 13 proxectos acompañando aos nosos clientes públicos e privados na conformación de consorcios, desenvolvemento da idea e presentación da mesma, e iso, permítenos extraer unha serie de puntos crave a ter en conta:

  • É o Programa de Cooperación Territorial Europea que conta cunha maior porcentaxe de fondos asignados para o territorio de execución.
  • Foméntase a participación de entidades públicas, que contan cunha sólida experiencia no programa.
  • O programa é continuista en canto ao enfoque do período 2014-2020, pero ten unha énfase maior na execución de actuacións na fronteira.
  • Non todas as entidades privadas poden formar parte dun consorcio, pois teñen que presentar contas auditadas do últimos tres exercicios, e as grandes empresas non son elixibles en determinados obxectivos específicos do programa.
  • Creouse un novo fondo de pequenos proxectos que terá unha finalidade de conceder axudas similares ás convocatorias en casada, onde unha entidade beneficiaria dun proxecto concede a empresas subvenciones de ata 20.000 euros para executar a axuda.

 

Experiencia de EOSA no Programa POCTEP

No anterior marco, 2014-2020, desde EOSA apoiamos aos nosos clientes presentando un total de 26 candidaturas ao longo de tres convocatorias.

Ademais, puidemos apoiar aos nosos clientes na execución dos proxectos grazas aos servizos de Asistencia Técnica, Avaliación, Comunicación ou execución de diversas actuacións técnicas, colaborando nun total de 23 proxectos.

O equipo de EOSA que presenta e xestiona proxectos de cooperación europea (un equipo de máis de 15 persoas) conta cunha ampla experiencia no Programa, contando con persoas que acumulan máis de 20 anos de experiencia no Programa.

 

Formación: POCTEP Academy

Consideramos que a formación e mentorización é un aspecto clave, por iso, levamos a cabo un programa de “POCTEP Academy” interno, co obxectivo de trasladar o coñecemento dos perfís máis séniors da empresa, ás recentes incorporacións, asignando un mentor durante a fase de presentación da candidatura e xestión posterior dos proxectos.

Equipo de consultores de EOSA para proxectos POCTEP: un equipo multidisciplinar