A incubadora de automoción High Tech Auto inicia a súa cuarta edición impulsando 9 novos proxectos

Corenta proxectos incubados e dezaoito empresas constituídas despois, HIGH TECH AUTO GALICIA consolídase coa súa 4ª edición.

A incubadora de automoción de Consorcio Zona Franca de Vigo presentou esta semana os novos proxectos innovadores que se suman ao programa, un total de nove, nun acto que contou coa presenza de EOSA.

HTA xa é toda unha referencia no sector, ademais dun caso único a nivel nacional. O seu principal obxectivo? Favorecer a incubación de ideas e proxectos tecnolóxicos en fase incipiente, validalos e transferilos ao mercado.

Desde EOSA estamos orgullosos de seguir formando parte deste gran proxecto e achegar o noso asesoramento e knowhow no impulso dos emprendedores e as súas ideas innovadoras.