O Clúster da Función Loxística de Galicia celebra na Coruña a II Xornada Galega de Loxística Internacional

O vindeiro 3 de novembro, o Clúster da Función Loxística de Galicia, celebrará na Coruña a II Xornada Galega de Loxística Internacional.

O encontro, estruturado en dous bloques, fará revisión da man de expertos da situación xeopolítica mundial profundando no aspecto económico e, por suposto, na loxística e transporte internacional. Ademais, presentaranse as principais conclusións ao respecto do relevancia real da función loxística na economía de Galicia, en termos de emprego, valor engadido e competitividade.

Este evento reunirá a autoridades públicas, empresarios, investigadores e persoal técnico e profundará nos aspectos clave da internacionalización e das tendencias globais que xeran retos e oportunidade comerciais. Así mesmo, a xornada permitirá formar e fortalecer relacións empresariais e persoais a través dun coctel.

Datos de interese:

Lugar: Hotel Attica 21. R/ Enrique Mariñas Romero, 34, 15009. A Coruña
Horario: 16.30 – 19.00 horas
Aparcamento gratuíto no hotel.
Inscrición gratuíta. Aforo limitado, prazas asignadas por orde de inscrición.

 

CONSULTA O PROGRAMA

 

Reserva a túa praza AQUÍ.