O pasado 23 de decembro celebrouse o 10º aniversario da Rede Eusumo nun acto no que participou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, xunto cunha representación das principais entidades da Economía Social en Galicia.
Neste acto conmemorativo, Lorenzana agradeceu a traxectoria desta rede promovida pola Xunta de Galicia que, como indicou, contribúen a mellorar a contorna e xerar máis e mellores oportunidades para Galicia. A II Estratexia galega da Economía Social 2023-2026 que promove a Administración autonómica, avogará polos sectores emerxentes e favorecerá a transición dixital, verde e cohesionada.
A conselleira quixo destacar o carácter pioneiro da Rede Eusumo nada en 2012 co dobre obxectivo de apoiar a posta en marcha de novos proxectos cooperativos como motores da creación de emprego e para axudar a consolidar as empresas da Economía Social xa existentes mediante a mellora da súa competitividade.