A TVG divulga o noso proxecto EcoNewFarmers

EcoNewFarmers: Formación en agricultura ecolóxica a través do móbil

EOSA participa como socia do proxecto europeo EcoNewFarmers cuxa finalidade é fomentar a calidade e actuación dos sistemas de formación profesional, mellorando os procesos información e fortalecendo a agricultura ecolóxica europea, analizando o perfil dos posibles candidatos e a proximidade deles.

Coa colaboración doutros 6 socios europeos, EOSA desenvolveu a tecnoloxía para que os contidos formativos póidanse consultar desde o teléfono móbil ou tableta. Na xornada de presentación que tivo lugar o pasado xoves 9 de marzo en Santiago de Compostela, divulgáronse ademais casos de éxito de produtores ecolóxicos galegos, e o papel que as novas tecnoloxías poden desempeñar na súa mellora. É o caso da cooperativa Ullama, da Estrada, que recuperou o cultivo de maceiras na zona para elaboración de sidra ecolóxica.

Entre os próximos pasos está a procura da homologación da formación, coa finalidade de conseguir que a formación EcoNewFarmers compute como unha materia dos ciclos de formación agraria europeos.

Ver vídeo TVG: visualizar.

Máis información: www.econewfarmers.eu