O segundo encontro da Agrupación industrial de Turismo de Galicia, cuxa organización foi realizada por EOSA, conseguiu reunir a máis de 300 expertos e interesados en turismo nunha xornada onde se abordaron os retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do destino Galicia.
A xornada de mañá e tarde, incluíu mesas redondas e varios relatorios con expertos nacionais e internacionais como o presidente de Segittur, Antonio López, a ex responsable de VisitLondon, a consultora Mady Keup, ou Raúl García, un dos expertos en comercialización MICE e novas tecnoloxías.
Na inauguración institucional destacouse o papel que ten o sector turístico na economía. “É un sector que nas etapas máis duras de crises aguanta. Constitúese en factor de xeración económica de primeiro nivel, e queremos facer del a panca de acción económica que lle corresponde a un territorio con tanta capacidade de atracción e altísima capacidade como é este”.
Máis información: Clúster Turismo Galicia
