Baixo o lema “En Coruña, a cultura é cidade” o Concello da Coruña organiza no Centro Ágora o próximo 9 e 10 de outubro o ciclo #CulturaCoruna enmarcado no proxecto Urbana-C, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O ciclo #CulturaCoruna, no que a través de mesas redondas, relatorios e networking mostrará como as cidades poden transformarse e desenvolverse a través de iniciativas culturais e creativas.
Colaboramos en montar un programa de máis de 20 expertos que achegará as experiencias de transformación e posicionamento de cidades como Ámsterdam, O Porto, Málaga e Liverpool, así como debater sobre a promoción e o marketing dixital ou o financiamento dos proxectos culturais e creativos. As xornadas #CulturaCoruna estrutúranse en tres bloques temáticos:
- Emprendemento cultural e creativo
- Estratexias: promoción da cultura e a creatividade
- Industrias culturais e creativas, motor de cambio
Se queres participar (é gratuíto), escribe un correo a: jornadasindustriasculturales@coruna.es
Non te perdas as intervencións de Sony Music, Verkami, Enisa, Telefónica-Open Future Galicia, Agadic, Sgae, ICEX, e moitos máis.
Descargas: programa.