Miramos ao futuro Innovamos contigo
A Escola de Organización Industrial (EOI), o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo puxeron en marcha unha nova edición da Factoría de Innovación de Vigo (Fdi). EOSA participará nesta 2ª edición apoiando as actividades de innovación e a comunicación e difusión do proxecto.
A Fdi é centro de alto rendemento en creatividade aplicada á innovación, que se dedica ao desenvolvemento das capacidades innovadoras das empresas e organizacións empresariais, facilitándolles a posta en marcha de proxectos innovadores, contribuíndo a dinamizar a súa actividade empresarial e a mellorar os seus procesos de xestión.
Durante o seu desenvolvemento facilitará o adestramento individualde 24 empresas do sur de Galicia para que incorporen a cultura innovadora nas súas organizacións e potencien o desenvolvemento de iniciativas de I+D+i. Así mesmo organizaranse un total de 14 xornadas en aberto (demolabs, talleres, showrooms de tendencias…) chegar a máis de 450 persoas interesadas na innovación.
Aínda que xa está aberta a convocatoria para inscribirse, no programa (aquí), será no mes de setembro cando terá lugar a presentación máis oficial cun acto institucional que reunirá así mesmo experiencias e expertos en innovación.