Eventos que ilusionan e fan sorrir. Dentro da súa estratexia de escoita cidadá, o Concello de Pontevedra quixo contar coa sempre creativa visión dos máis pequenos.
A cidade que imaxinas, Pontevedra foi unha exitosa actividade desenvolvida no marco de Axenda Urbana Pontevedra, co apoio de EOSA na súa organización, na que os pontevedreses máis novos compartiron as súas opinións e ideas sobre o futuro da cidade.
Durante dúas xornadas, os postos instalados para o desenvolvemento desta acción recibiron a numerosas familias. Nenos e nenas depositaron as súas orixinais propostas, en forma de debuxos e mensaxes, para mellorar Pontevedra, e recibiron mochilas, gorras e globos promocionais como agradecemento ao seu compromiso.
O futuro dunha cidade son os seus nenos e nenas. Que che parece que se conte coa súa voz? A nós, encántanos.