En EOSA estamos comprometidos coa sustentabilidade empresarial. Desde 2016, ano no que nos unimos ao Pacto Mundial das Nacións Unidas, adoptamos numerosas medidas en materia de dereitos humanos, normas laborais, medioambiente e anticorrupción. O obxectivo? Transformarnos nunha empresa sostible, igualitaria e responsable.
A nova edición do Informe de Progreso de EOSA recolle todos os avances que realizamos durante 2021, un paso máis nesta ambiciosa iniciativa cuxos beneficios redundan directamente na relación e acción cos nosos clientes, empregados/as e provedores, pero tamén co medioambiente e a sociedade civil.
Entre as novidades do último ano, destacan especialmente as medidas dirixidas a mellorar a conciliación laboral do persoal. Flexibilidade horaria, espacial, vacacional… En EOSA estamos convencidos de que o crecemento da persoa é o crecemento da empresa.
Por iso, ser recoñecidos durante 2021 como Empresa Familiarmente Responsable pola Fundación Másfamilia énchenos de auténtica satisfacción. Recibir o certificado EFR, acreditado pola ONU, reafirma o noso compromiso coa conciliación e a igualdade e empúxanos a seguir desenvolvendo accións que repercutan positivamente no noso equipo.
Unha delas será o noso novo Plan de Igualdade. Actualmente en fase de desenvolvemento, non só responderá á lexislación vixente, senón aos obxectivos marcados polo Pacto Mundial das Nacións Unidas. Xa forma parte do ADN EOSA: somos sostibles, igualitarios e responsables.
Consulta o Informe de Progreso 2021 de EOSA aquí
Que é o Pacto Mundial das Nacións Unidas?
O Pacto Mundial é unha iniciativa da ONU para promover e difundir a sustentabilidade empresarial, un chamamento a empresas e organizacións para que a súa estratexia estea aliñada cos Dez Principios universais en dereitos humanos, normas laborais, medioambiente e loita contra a corrupción.
Desde 2016, ano no que en EOSA sumámonos a esta acción, traballamos día a día para desenvolver os obxectivos expostos por Nacións Unidas, principios que xa forman parte da nosa filosofía empresarial e que marcan a mellora continua e progreso da compañía.