Financiamento e traballo en rede. Como conseguilo?

Comezamos o ano organizando un novo taller! Terá lugar o vindeiro venres 30 de xaneiro na Cidade da Cultura no Centro de Emprendemento Creativo de Galicia (Santiago de Compostela).

Da man de Tejeredes e EOSA, o taller pretende presentar as principais fontes alternativas de financiamento para proxectos culturais e creativos así como coñecer as dimensións do traballo en rede colaborativo, aplicado á exitosa obtención de financiamento.

Trátase dun taller práctico e, por tanto, con prazas limitadas a 20-30 participantes, durante o cal se poñerá en práctica a metodoloxía deseñada por Tejeredes a través de tres prácticas: o “aninómetro” (para medir estados de ánimo), “redes” (sobre comunidades e tecnoloxías sociais) e “eros” (a sedución para o desenvolvemento de iniciativas.

Se queres inscribirche envíanos un correo a: comunicacion@eosa.com