Colombia é un mercado obxectivo interesante en crecemento polo seu tamaño, a súa intensidade competitiva, a proximidade xeográfica e cultural ou a accesibilidade loxística ás súas canles de distribución. Neste sentido, o pasado xoves 21 de maio en Vigo tivo lugar un Foro Internacional Agroalimentario, #DegustaColombia, para promover os produtos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en Colombia. O obxectivo foi descubrir as oportunidades de negocio e as posibilidades de colaboración que ofrece o mercado colombiano para as empresas galegas e lusas.
Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza ECICII (Estrutura Empresarial Conxunta na Eurorrexión para o Impulso e a Captación do Investimento Internacional), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dela Unión Europea, a cuxo amparo a CEP coordinou tamén unha Misión Comercial Inversa de forma paralela.
Máis información: http://cepinternacional.com