A Xunta de Galicia publicou unha nova edición do Mapa de Apoios. Esta completa guía integra todas as ferramentas e recursos dispoñibles neste 2023 para autónomos, emprendedores, pemes e grandes empresas da comunidade galega.
Os programas, dirixidos ao impulso da innovación, a sustentabilidade, a economía circular ou a dixitalización, entre outros, teñen como obxectivo axudar ao tecido empresarial autonómico a mellorar a súa competitividade, produtividade e capacidade de internacionalización, así como a promover o desenvolvemento económico de Galicia no seu conxunto.
No Mapa de Apoios 2023, os interesados atoparán información detallada sobre todos os programas dispoñibles, a quen están dirixidos e os prazos de convocatoria previstos. Unha valiosa ferramenta para axudar ás empresas galegas a superar novos desafíos e aproveitar oportunidades de crecemento.
Igape
O Mapa de Apoios 2023 do Instituto Galego de Promoción Económica inclúe un total de 33 apoios. Desde préstamos e incentivos, até servizos de formación e consultoría, Igape ofrece un potente catálogo de programas para o impulso de startups, a consolidación empresarial e a internacionalización de autónomos, pemes e grandes empresas.
Consulta o Mapa de Apoios 2023 de Igape
Comercio
Autónomos, talleres artesanais, empresas, entidades locais e asociacións poden beneficiarse dos programas de apoio de Comercio dirixidos ao comercio sustentable, a dixitalización, a artesanía, mercados e prazas de abastos, centros comerciais abertos e federacións de comercio.
Consulta o Mapa de Apoios 2023 de Comercio
Enerxía e Industria
O Instituto Enerxético de Galicia deseñou un plan de apoios que busca a mellora da eficiencia enerxética da comunidade galega no seu conxunto. Autónomos, empresas, entidades locais, entidades sen ánimo de lucro e mesmo familias, poden acollerse aos programas de Inega, nos que as enerxías renovables teñen unha presenza destacada.
Consulta o Mapa de Apoios 2023 de Enerxía e Industria
Innovación
Os investigadores e centros de coñecemento, así como as pemes, grandes empresas e emprendedores que perseguen a innovación, tamén contan con importantes programas de apoio á súa actividade, fundamental para o desenvolvemento económico e empresarial de Galicia.
Consulta o Mapa de Apoios 2023 de Innovación
Necesitas máis información? En EOSA axudámoste a resolver todas as túas dúbidas. Contáctanos sen compromiso.