O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC), presentou os avances no desenvolvemento do Plan Estratéxico 2021-2024 do Clúster. Para a implementación desta folla de roteiro, VIRATEC desenvolveu un proceso participativo entre todos os socios.
Este conta con 52 membros cuxa facturación alcanza os 2.000 millóns de euros. Coa creación de VIRATEC espérase incrementar o valor económico do sector, co obxectivo de ser un referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, a nivel local, nacional e internacional.
A asistencia técnica está a realizarse desde EOSA cun equipo especializado no sector. Por tanto, proporcionarase soporte e asesoramento aos órganos de dirección e xestión do Clúster para contribuír á executadas.