A área de Programas Europeos colaborou na redacción do capítulo Fontes de financiamento para a conversión dun destino en destino turístico intelixente do Informe destinos turísticos: construíndo o futuro.
O informe da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información elaborada pola Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas, S.A. (SEGITTUR) pretende identificar as actuacións necesarias para a elaboración do Informe Específico de Destinos Turísticos Intelixentes, no marco do Plan Nacional de Cidades Intelixentes da Axenda Dixital para España.
A miúdo, resulta complicado asumir con recursos propios o custo delas novas plataformas, sistemas e
aplicacións tecnolóxicas, así como das infraestruturas necesarias para acometer os retos asociados á conversión dun territorio en destino turístico intelixente. Neste sentido o capítulo pretende identificar os recursos económicos dispoñibles para levar a cabo as accións que permitirán a súa reconversión en destinos intelixentes.
Na seguinte ligazón podes coñecer unha serie de mecanismos de axuda financeira que permiten a posta en marcha de iniciativas vinculadas directa ou indirectamente co desenvolvemento dos destinos turísticos intelixentes, tanto o Goberno español como da Unión Europea.
Máis información: Libro Blanco Destinos Turísticos Inteligentes.