Expertos de alcance mundial debaterán o papel dos parques tecnolóxicos en Nigrán durante os días 15 e 16 de xuño.
EOSA participou na organización da XIII Conferencia Internacional organizada pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) a través do Consorcio da Zona Franca de Vigo, na que se analizará o papel clave destas instalacións así como a súa transformación cara ao parque dixital.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; a delegada da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; o alcalde de Nigrán, Juan González; e o presidente de APTE, Felipe Romera, serán os encargados de inaugurar esta conferencia.
Con máis de 150 persoas rexistradas, o programa do evento incorpora debates, relatorios e encontros previstos, tamén terá lugar o acto de entrega dos Premios APTE á mellor práctica en parques científicos e tecnolóxicos, galardón que outorga a Asociación para recoñecer as mellores noticias prácticas levadas a cabo polas entidades xestoras dos parques no seu ámbito de actuación.
Máis información: www.aptevigo2015.com

