ViaExterior pecha a súa 5ª edición coa entrega de diplomas

O venres 5 de maio celebrouse o acto de clausura de ViaExterior coa asistencia do Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, e o CEO de Kimak, César Alberte Sendín, quen presentou a charla denominada Do plan á acción: Desafíos na execución dunha estratexia de internacionalización. Entre outros aspectos, Alberte destacou que:

  • Parte da clave do éxito de moitos proxectos reside en nacer con vocación internacional desde o principio, xa que é moito máis difícil cambiar a mentalidade do equipo se naces local e logo queres internacionalizar
  • Antes de asistir a unha feira ou calquera acción comercial, as empresas deben traballar o seu público obxectivo facendo unha lista de 5 clientes aos que se queiran alcanzar e unha estratexia para chegar a eles.
  • É importante promocionar a aquelas persoas do equipo que funcionan: iso impulsará o crecemento da empresa.

Durante 7 meses, un total de 20 pemes galegas de diversos sectores recibiron formación individualizada e asesoramento experto para iniciar ou consolidar os seus plans de expansión na súa 5ª edición. En total, o programa apoiou a máis dun centenar de empresas en Galicia a crecer fóra.

Nesta quinta edición, as empresas asesoradas foron Arman Mobiliario, Beflamboyant, Berce Patrimonial, Representaciones Celso Isla, Granitos de Atios (GRANISA), HQ Seaweed, Ieco Desarrollo Digital, ITERA Técnica, Laddes Works, Little Electric Car España, Mirabel do Rosal, Cárnicas Moncho, Postmobel, SDEA Solutions, SevenPeaks, Sigillum Knowledge Solutions, Canumi Pets, Isega, Luo Kai Electrics e Rir & Co Diseño Textil Artesano.

Fonte: ViaExterior