A EUI (European Urban Initiative) abriu o prazo para inscribirse en dúas actividades de capacitación no ámbito do desenvolvemento urbano sostible.
Estas accións, dirixidas a autoridades urbanas, buscan apoiar ás cidades nos seus desafíos a través da experiencia e o coñecemento.
-
City-to-City Exchanges
Un intercambio de cidade a cidade reúne a unha autoridade urbana (o solicitante) que pretende facer fronte a un desafío específico relacionado co desenvolvemento urbano, con outra autoridade urbana doutro Estado membro da UE con experiencia na materia (o par). A través do seu coñecemento, o par axudará ao solicitante para abordar o desafío de que se trate.
Os City-to-City Exchanges (Intercambios Ciudad a Ciudad) ofrecen oportunidades a curto prazo para a aprendizaxe a través dunha visita entre dúas cidades. O solicitante selecciona o formato máis adecuado para cada visita de acordo coas súas necesidades. Una visita en la que el solicitante viaje una ciudad o una visita en la que el par visita al solicitante. Cada visita pode durar entre dous e cinco días.
As autoridades urbanas interesadas poden rexistrarse ata o 17 de novembro de 2023: https://www.urban-initiative.eu/capacity-building/pilot-call-c2c-exchanges
-
Peer Reviews
As Peer Reviews (Revisións por Pares) da EUI son un conxunto de actividades que son realizadas por un grupo de cidades co fin de comparar as súas estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible.
As cidades baixo revisión beneficiaranse da experiencia de avaliación de primeira man e do uso dos resultados da revisión por pares para mellorar aínda máis as súas propias estratexias. Todas as cidades participantes discutirán problemas e desafíos comúns relacionados co seu traballo actual sobre estratexias integradas de desenvolvemento sostible.
As autoridades urbanas interesadas poden rexistrarse ata o 29 de maio: https://www.urban-initiative.eu/capacity-building/pilot-call-peer-reviews
Que é a European Urban Initiative (EUI)?
A EUI é unha iniciativa da Comisión Europea que ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento urbano sostible en Europa e promover o intercambio de coñecementos e boas prácticas entre cidades e actores urbanos.
Esta iniciativa traballa en estreita colaboración con cidades e outros actores urbanos de toda Europa para fomentar a innovación e a sustentabilidade urbana, e axudar ás cidades para abordar os desafíos urbanos actuais, como o cambio climático, a pobreza e a exclusión social, e a calidade de vida nas cidades.
Descubre máis en https://www.urban-initiative.eu/what-european-urban-initiative
Recibe asesoramento sobre esta e outras convocatorias europeas
En EOSA contamos cunha ampla experiencia en xestión e asesoramento de proxectos europeos, axudas e financiamento pública. Interésache esta ou outra convocatoria? Contáctanos