Tras meses de traballo conxunto, finaliza o CoLogistics Project. Esta plataforma de colaboración déixanos un gran Plan de Visibilidade Exterior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Consolidar a cooperación internacional, desenvolver unha loxística sostible, impulsar a transformación loxística na Eurorrexión e mellorar o posicionamento da loxística na sociedade son os 4 grandes retos validados polas entidades socias do proxecto: CEP – Confederación de Empresarios de Pontevedra, IGAPE – Instituto Galego de Promoción Económica, Xunta de Galicia, Porto de Vigo, AEP – Associação Empresarial de Portugal, APDL – Administración do Sistema portuario do Norte de Portugal (Leixões, Viana e Douro) e Càmara Municipal de Famalicão.
Na Xornada de Peche, realizada o 15 de novembro, ás 09h30 (PT), no edificio de servizos de AEP, en Leça dá Palmeira, Portugal, foi o escenario no que un amplo panel de relatores expertos debateu e proxectou o futuro da competitividade loxística na Eurorrexión (Galicia e Norte de Portugal) e identificou as principais dinámicas de transformación da función loxística.
Poden consultarse os principais resultados do proxecto na seguinte ligazón.