A Fortaleza de Salvaterra acolle a xornada de presentación de Migramiño

O pasado 27 de novembro tivo lugar na Fortaleza de Salvaterra de Miño a celebración da xornada de lanzamento e presentación do proxecto Migramiño, enmarcado no Programa Interreg V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020.

O obxectivo da presentación foi dar a coñecer o conxunto de iniciativas levadas a cabo durante o proxecto, xa operativo desde hai un ano, así como a exposición dos primeiros resultados obtidos e os esperados ao longo do tempo de execución. O proxecto MIGRA MIÑO – MINHO expón como reto principal mellorar a protección e a xestión sustentable do espazo natural de fronteira que conforma a subcuenca internacional do río Miño, incluíndo os seus afluentes tributarios, e quéreo facer a través de unha mellora das condicións do hábitat fluvial e medias que melloren o estado de conservación das poboacións de peixes migradores presentes no mesmo.

O evento contou a presenza da Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, e do alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, quen deu a benvida a todos os asistentes e introduciron o acto presentación.