Aberta a convocatoria do programa Responsabilízate para pemes

Como medida para impulsar a implantación da RSE no tecido empresarial galego e, en concreto, nas pemes, a Consellería de Economía, Emprego e Industria puxo en marcha o programa Responsabilízate. Este programa ofrecerá servizos de tutela en responsabilidade social ás empresas seleccionadas.

O programa, de carácter gratuíto para as pemes, consiste nun acompañamento real dun titor experto en RSE e conta cos seguientes servizos básicos: diagnóstico do estado e potencial da RSE na peme, formación na materia e acompañamento na definición dun plan de acción e implantación das primeiras medidas a levar a cabo.

Todas aquelas pemes interesadas poden facer a súa solicitude ata o 30 de setembro.

As bases completas poden consultarse nesta ligazón e as candidaturas poden facerse de forma presencial ou a través da sede electrónica.