O próximo 10 de xullo en Ourense celébrase a IV edición do Bio Investor Day no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Trátase dun proxecto promovido pola Axencia Galega de Innovación, GAIN, que conta coa colaboración da Agrupación industrial Tecnolóxica Empresarial das Ciencias da Vida, Bioga e a Tecnópole, no que apoiamos a organización.

O evento, polo que xa pasaron máis de 30 ideas de negocio bio, contará nesta edición coa participación de nove entidades de investimento.

Esta edición do Bio Investor Day enmárcase dentro do Bio Investor Program, un programa orientado a analizar, completar e mellorar o plan de negocio dos proxectos participantes na Lonxa, a través de formación específica e mentorizaje (25 horas). Esta formación permitirá consolidar os proxectos seleccionados e mellorar por tanto o seu acceso a financiamento.

O evento que dará comezo ás 09:00, ademais de ser o espazo onde terán lugar as presentacións de proxectos, complementarase co relatorio: “Instrumentos para o financiamento de proxectos de I+D”, a cargo de Cecilia Hernández, do Departamento de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais da Dirección de Promoción e Cooperación do CDTI.

Tras a comida networking, terán lugar encontros bilateriais privados entre os fondos as empresas e emprendedores interesados.

Descargas: programa.

Máis información: Bioga.