Ciclo: Falamos de comunicación
A través do Círculo de empresarios de Galicia en Vigo e coa colaboración de Dircom Galicia, damos comezo en Vigo, unha vez ao mes, a un ciclo de afterworks centrados na comunicación (#aftercom) dirixidos a directivos e mandos intermedios das pemes así como aos profesionais da comunicación.
O primeiro invitado será Daniel Álvarez Lambas, Fundador do Instituto Ben Pensante e trainer oficial para España de ICC (International Coaching Community) que nos falará, o vindeiro mércores 11 de xuño, da “Comunicación de alto impacto: contexto, interese, emoción e naturalidade. Como crear sistematicamente unha presentación C.I.E.N. %?”
O encontro tratará de ser unha aprendizaxe experiencial sobre o poder da influencia e como conseguir unha presentación 100%. Aquela que cre unha imaxe única na que destaquen os teus puntos fortes e evites os débiles, onde utilices todas as potencialidades de comunicación non verbal e da voz, e recoñezas e aproveites as emocións máis adecuadas para cada parte do discurso.
A presentación 100% Como crear sistematicamente unha presentación de alto impacto? Unindo coaching con PNL (Programación Neurolingüística) e storytelling (a arte e ciencia de crear relatos) e a práctica continua para alcanzar a túa propio C.I.E.N. %:
- 25% de contexto: adaptación ao contexto externo, control do contexto interno.
- 25% de impacto no interese da audiencia: A mensaxe traslada algún interese do público? Por que viñeron aquí estas persoas?.
- 25% de emoción: contaxio, linguaxe verbal e non verbal, motivación.
- 25% de naturalidade, fluidez, confianza innata.
Tratarase de conseguir o dominio da estrutura do discurso para que a exposición resulte entretida e totalmente comprensible para o oínte, de dar profundidade e personalidade á túa charla á vez que poidas memorizar o discurso con comodidade, que sexas capaz de preparar comunicacións con rapidez e eficacia, e cambiar a perspectiva de cada intervención en función de obxectivo e público, e sobre todo evitando bloqueos.
Mércores 11 de xuño
De 19.00 a 20.00.
Sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Avenida de García Barbón, 62 – Club Financeiro de Vigo)
Inscricións: aquí.