Os próximos 29 e 30 de maio ten lugar o III Foro Turismo de Sanxenxo, que baixo o lema “reinventando un destino turístico”, presentará as novas tendencias do sector turístico desde unha visión global buscando ideas, fórmulas e ferramentas.
Participamos apoiando a difusión deste Foro que se organiza ao redor de catro mesas redondas:
Xoves 29 de maio
-
- Mesa 1: Retos e tendencias do turismo na era dixital.
- Participantes: Rumbo.com, Trivago, Minube y Sherpandipity.
- Mesa 2: A creación de marca e diferenciación hostaleira.
- Participantes: Ushuaia Beach Hotel, TIC ITH, Unizar Turismo y Spa & Nature Park.
- Mesa 1: Retos e tendencias do turismo na era dixital.
Venres 30 de maio
- Mesa 3: As novas tendencias na xestión de destinos
- Participantes: Turismo de Cambrils, Sitges Film Office y Turismo de San Sebastián.
- Mesa 4: O novo papel dos produtos enogastronómicos como xeradores de valor en destino.
- Participantes: OMT, Ruta del vino de Rioja Alavesa y Turismo de Valladolid.
Podes consultar o programa completo aquí.
Ademais, o Foro pechará o venres 30 cunha acción complementaria (de 17.00 a 20.30), a visita guiada e cata ás adegas Eidos de Padriñán (Sanxenxo) e Martín Códax (Cambados).
Prazas limitadas (o desprazamento á adega é a cargo dos participantes).
Se queres particpar no Foro (asistencia gratuíta previa inscrición), podes escribir un correo a info@turismodesanxenxo.com ou directamente á nosa conta: comunicacion@eosa.com