Asime lanza o proxecto Aowinde, dedicado á elaboración dun roteiro común, establecer a cadea de valor e captar investimentos
Galicia e o norte de Portugal van moi en serio coa enerxía eólica mariña e desde hoxe está establecido o marco para traballar en común. A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) presentou esta mañá o proxecto Aowinde no Museo Mar de Vigo, unha iniciativa que trazará a folla de roteiro común ara a industria dos quilowatts que proceden do mar na Eurorrexión. O obxectivo é converter a esta costa atlántica nun polo innovador de referencia grazas a un sólido ecosistema empresarial que xa fabrica pezas e maquinaria para plataformas e experiencias en costas doutros continentes e países europeos. «A nivel cooperación, a fronteira entre Galicia e Portugal é permeable, case invisible. As nosas industrias colaboran desde hai décadas e a sintonía é cada vez maior. Nun mundo globalizado, unir forzas e esforzos é fundamental para competir», expón Enrique Mallón, secretario xeral de Asime.
Aowinde conta cun orzamento de preto dun millón e medio de euros para executar ata decembro do 2025. Trátase dun programa operativo de cooperación transfronteiriza (Poctep) que servirá para trazar unha folla de roteiro transfronteirizo, o deseño da cadea de valor sectorial da enerxía eólica mariña e a atracción de novos axentes, apoiar a industria vinculada a esta actividade e a posta en marcha de campañas de sensibilización e valoración da contribución á sustentabilidade, segundo expuxo María Campos, coordinadora do proxecto.
Máis información | La Voz de Galicia