Presentación do Grupo de Acción Urbano da Edusi Culleredo Vivo

O Concello de Culleredo pon en marcha a participación para a xestión do plan Culleredo Vivo, unha estratexia de desenvolvemento urbano dotada de fondos da Unión Europea Feder.

Para impulsar a participación cidadá no desenvolvemento de Culleredo Vivo, o Concello creou o Grupo de Acción Urbano (GAU), un órgano para impulsar a participación da cidadanía, cunha vixencia similar á do programa europeo. Este grupo está integrado por representantes políticos e de asociacións e ás súas reunións poderán acudir os cidadáns, onde terán voz para expresar as súas ideas e propostas.

EOSA está a desenvolver os labores de asistencia técnica e comunicación para a implementación da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Culleredo 2014-2020.