A Xunta de Galicia poñerá en marcha a aceleradora ES-Conecta para apoiar a 18 novos proxectos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que promovan a economía social en calquera sector. A Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os participantes en É-Conecta serán seleccionados entre os rexistrados e segundo os resultados do Startup Day pasarán á seguinte fase e que, accederán a un programa de catro meses de duración.
Esta iniciativa, enmárcase dentro do proxecto europeo Poctep- Laces, EOSA é a encargada de realizar o asesoramento técnico e por tanto, será a responsable de ofrecer formación específica tanto individual como colectiva aos participantes.
Estes proxectos seleccionados recibirán sesións de titorías e mentorizaciones, ademais de networkings e participación en mesas redondas que lles permitirá intercambiar experiencias e recibir asesoramento para o acceso a financiamento.
Tras o paso pola aceleradora, os participantes contarán cunha preparación e coñecementos que lles permita reducir o tempo de posta en marcha e consolidación do seu proxecto con maiores garantías de éxito.