Centro Demostrador TIC de Galicia

OCentro Demostrador TIC de Gallicia (CDTIC) é unha iniciativa promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e cofinanciada con fondos FEDER.

Os obxectivos xerais que persegue diríxense cara ao fomento da transformación dixital das empresas de Galicia e ao impulso do desenvolvemento do mercado TIC. A xestión integral do CDTIC realízase desde EOSA, organizando seminarios de formación co obxectivo de capacitar ás pemes galegas en transformación dixital, sesións demostradoras nas que os provedores TIC galegos teñen a oportunidade de mostrar as súas solucións tecnolóxicas de forma gratuíta, ademais de realizar un apoio in situ en todas as xornadas.

Realízase unha vixilancia estratéxica de iniciativas e tendencias, explótase por unha banda o MapaTIC, ferramenta de referencia para identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia e, o CDTIC virtual unha contorna que proporciona a empresas e usuarios o acceso a aplicacións informáticas aloxadas na nube.